sábado, 23 de septiembre de 2017

Ola, a todos, xa fai moito tempo que non publico ningunha entrada, pero a partir de agora vou publicalas máis segidas. Este post vai sobre as Fragas do Eume, espero que vos guste!!





FRAGAS DO EUME


As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997 e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez.

O río Eume, duns cen quilómetros de lonxitude total, labrou na maior parte do seu curso medio e final un profundo canón. As abruptas ladeiras, nalgúns puntos de hasta 300 metros de desnivel, conservan o manto vexetal orixinal dos bosques atlánticos.
O parque ten establecidos catro portais de acceso, sen comunicación entre eles. O máis visitado é o que fixa como destino o mosteiro de Caaveiro. As ladeiras inclinadas só permiten esta entrada seguindo o curso do río a través do coto pesqueiro de Ombre, a dez quilómetros de Pontedeume.

Flora:
Ten unha rica biodiversidade, un bosque en cuxas zonas máis próximas ao río predominan os ameneiros e chopos, mentres que máis arriba están os carballos. Entre outras especies vexetais presentes: bidueiros e castiñeiros.

Fauna:
Aínda que difíciles de observar no parque habitan entre outros, exemplares de: gato montés, marta, raposo…
Entre as aves, pódense observar o bufo real, o falcón abelleiro, o martín pescador, o azor e outras aves típicas do bosque.
Ademais está catalogada a presenza de 15 especies de anfibios, 14 especies de réptiles, 8 especies de peixes, 103 especies de aves e 41 especies de mamíferos.



1 comentario: